Fran Jaraba publica un libro sobre a guerra de Cuba

La Voz

TELEVISIÓN

Os nenos galegos poderán coñecer algo máis sobre a guerra de Cuba a través do libro de Fran Jaraba, Cita na Habana, que publica Edicións Xerais. Maxi Torres, o protagonista desta aventura en cómic, lévanos a través dos acontecementos históricos dun modo sinxelo e divertido.

22 jul 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

Tamén dentro do mundo da banda deseñada, a revista Golfiño, de Xerais, supón unha oferta variada de artículos e viñetas de Xaquín Marín e Miguelanxo Prado, entre outros. Dentro da literatura de terror, outro dos xéneros preferidos polos nenos no verán, segundo Manuel Bragado, atopamos a última novela de Agustín Fernández Paz, Aire Negro. O amor e o medo casan nesta historia editada por Xerais, na que o autor viaxa a través da memoria. Esta novela continúa a liña iniciada por Fernández Paz con Cartas de Inverno, a súa primeira obra de terror. O norteamericano Maurice Sendak, autor de referencia mundial na literatura infantil, chega ás nosas librerías coa obra Onde viven os monstros, traducida por primeira vez ó galego por Kalandraka.