Lamas Carvajal fai un retrato retranqueiro e irónico da situación do campesiñado galego de principios do xéculo XX O Tío Marcos d''a Portela
23 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.era o semanario no que Valentín Lamas Carvajal publicou por primeira vez o seu catecismo, que logo editaría como libro baixo o título de Catecismo da Doutrina Labrega e que acabaría sendo coñecido popularmente como O catecismo do labrego. A obra foi reeditada en numerosas ocasións. Ramón Nicolás, crítico literario, anota sobre este libro que «gozou dun recoñecemento e unha recepción impensables para unha obra escrita en lingua galega». O autor escribiu no propio libro que alí estaban recollidas «tódalas disgracias que vos suceden, tódalas inxusticias que fan con vosoutros, tódalas agunías por que pasades». A situación dos labregos naqueles momentos era case semifeudal e a ilustración da primeira edición amosaba un campesiño cunha cruz ó lombo.