Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

«Da terra asoballada», hoxe con La Voz

REDACCIÓN A CORUÑA

TELEVISIÓN

O novo libro da Biblioteca 120 recolle a lírica envolta en conciencia galeguista de Ramón Cabanillas, «o poeta da raza»

28 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

«¡Galicia! Nai e Señora,/ sempre agarimosa e forte;/ preto e lexos; onte, agora,/ mañán... na vida e na morte!». Así comeza Ramón Cabanillas o poema que leva por título Galicia, un texto no que fai un canto a súa terra e que remata cunha chamada, case un berro: «¡Xuremos!/ Dereito ou torto,/ sin máis alcuño ni achego,/ doente ou san, vivo ou morto,/ gallego... ¡soio gallego!». Este é un dos moitos exemplos de compromiso co seu país que aparece neste libro, considerado como unha das mellores obras da poesía civil galega. O poeta Ramón Cabanillas (Cambados, 1876-1959) foi un home comprometido coa súa terra e proba diso é que durante a república militou activamente no Partido Galeguista e ademais foi a voz poética do movemento das Irmandades da Fala.