Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A lírica de Luís Amado Carballo figura na obra do próximo xoves

La Voz

TELEVISIÓN

OS POEMARIOS «PROEL» E «O GALO» ESTÁN RECOLLIDOS NO LIBRO

20 feb 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Luís Amado Carballo é un referente á hora de falar da poesía galega da preguerra e dúas das súas obras están recollidas no libro que se entregará con La Voz de Galicia o próximo xoves, polo prezo dun euro, máis o custo do xornal. O primeiro dos poemarios que aparecen nesta obra é Proel, publicado no ano 1927, o mesmo no que morría Amado Carballo. Un ano despois da súa morte, aparecía o libro O galo, unha obra coa que se inicia a corrente hilozoísta, ou animista, «unha visión sensitiva dos elementos da natureza articulada a través dunha imaxinería peculiar que provén do ultraísmo e que gozará dun ronsel inusitado no seu tempo e anos despois», explica o crítico literario Ramón Nicolás. Amado Alonso traballou de criado nunha familia que tiña antecedentes no cultivo da literatura. Estudiou maxisterio e matriculouse en Dereito. En 1920 marchou a Madrid, onde entra en contacto co mundo literario e bohemio.