Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

«Saxo tenor», mañá con La Voz

La Voz

TELEVISIÓN

J.M. CASAL

O libro de Vidal Bolaño, un dos mellores dramaturgos galegos, recibiu o premio Álvaro Cunqueiro Se eu fose puta ou ionqui, mangán ou camello de pub cutre, proxeneta ou parado de longa duración enganchado ó Johnnie Walker, pediríalle a Vidal Bolaño un papel en «Saxo tenor»; e daríalle as gracias pola dignidade. «Saxo tenor» é o libro, o texto teatral, que La Voz de Galicia entrega mañá, dentro da Biblioteca 120, polo prezo de só un euro, máis o custo do xornal. Lecturas cualificadas

25 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

PANCHO TRISTÁN Se eu fose todo o contrario do que dixen o comezo -¿existe todo o contrario?-, se eu fose todo o contrario debera de dicirlle a RVB tamén que gracias, que que lanse, che, qué bueno que vinistes, que ben que nos contaches en Saxo tenor que a vida é unha cuestión de fondo, non de formas. Situación: alguén mata a tiros a un rapaz nunha zona marxinal / marxinada dunha cidade calquera. Arredor do crime hai unha presa de personaxes que o catálogo do politicamente correcto define coma xentes de mal vivir. Arredor da morte hai tamén unha nai: a nai do morto, recén chegada dunha existencia aparentemente honrosa. E tamén está o pai: tamén membro do clube dos bos. Desenleando as causas que levaron ó mozo a morrer a tiros, os personaxes confeccionan para o lector / espectador o fresco da súa existencia, dos seus porqués. Non hai moita diferencia entre o naufraxio vital da nai do mozo ¿tan respectable¿ e o nordés salvaxe que acompañá ó Lanzao, delincuente habitual que pulula arredor da historia. A diferencia establécea quen mira: a narración que un telexornal fai do suceso reduce a realidade do rapaz e o seu entorno a catro tópicos preñados de sinxeleza e autocompracencia. A historia está cargada de curvas. A vida mesma. Iso é o que RVB nos conta: unha historia social que nos prevén contra o despiste da autocompracencia. PANCHO TRISTÁN é xornalista