Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A Biblioteca Galega 120 pon cinco millóns de libros nos fogares galegos

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

ÓSCAR VÁZQUEZ

O éxito da iniciativa de La Voz obligou a duplicar o número inicial de exemplares editados A cifras clásicas como as mil primaveras para Galicia hai que unir as da Biblioteca 120

20 dic 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

A literatura galega ten varias cifras clásicas como son Os dous de sempre , que escribiu Castelao; a ducia de galegos que retratou Víctor Fernández Freixanes ou as mil primaveras que pedía Álvaro Cunqueiro para as letras galegas. Desde este ano, a esas cifras hai que sumarlle un novo dato: cinco millóns de libros da Biblioteca Galega 120 repartidos por milleiros de fogares galegos. Este é o resultado dunha iniciativa de La Voz de Galicia para celebrar os seus 120 anos de existencia, que votaba a andar hai un ano e que tivo unha aceptación soprendente para todos, desde o sector editorial ata os escritores, pasando polos propios promotores da publicación dos 119 títulos. De feito, a finais do ano pasado a idea era que o volume editorial da Biblioteca Galega 120 chegara a 3.100.000 exemplares. Os galegos racharon esta previsión cando viron os primeiros libros ( Follas novas , de Rosalia de Castro, e Sempre en Galiza I, de Castelao) adquirindo, polo prezo dun euro, máis de 60.000 exemplares. Triplicar o editado A edición final dos títulos desta biblioteca supera os sete millóns de exemplares, unha cantidade que supón casi triplicar o editado en Galicia no ano 2000 cando o número de exemplares editados en galego foi de 2.650.000; estes son datos da Fundación do Gremio del Gremio de Editores Españoles calculatados tendo en conta o número de títulos multiplicado pola media de difusión de cada un deles. Todos estes son fríos números que dan idea dun fenómeno que foi, sen dúbida, unha das principais novas culturais en Galicia no ano que remata. A todos sorprendeu a resposta dos galegos que foi levando para as súas casas as principais obras da literatura galega. De tódolos xeitos, moitas das coleccións atopanse fóra de Galicia xa que galegos residentes en Cataluña, sobre todo en Barcelona, Madrid ou o País Basco está xuntando estes libros. Ademais de obras coñecidas e clásicas, nalgunhas ocasións, os títulos publicados dentro da Biblioteca Galega 120 supuxo a recuperación dun autor esquecido, o descubrimento para moitos doutro ou que textos teatrais escritos e representados en Galicia desde hai moitos anos foran editados por primeira vez. En total serán 119 títulos ( Sempre en Galiza publicouse en dous tomos) os publicados cando o vindeiro día 31 remate a entrega das obras. Por xéneros, hai 36 novelas, 25 libros de relatos, sete novelas ou relatos dedicados ó publico infantil e xuvenil, 35 libros de poesía, oito de teatro, cinco de ensaio, dous de etnografía e un de viaxes. De tódolos xeitos, en xéneros como a poesía o número de autores, de tódalas idades e tendencias, que aportaron a súa creatividade a esta colección foi de de preto dun cento xa que tres antoloxías amosaron a creación lírica galega dos derradeiros anos. Ademais, a entrega dos libros fíxose en función das datas máis axeitadas para o xénero, tendo en conta a celebración de actos sobre a literatura infantil e xuvenil ou semanas de teatro. Outra das iniciativas as que deu lugar a Biblioteca Galega 120 foi a firma de exemplares dos escritores organizadas polos propios libreiros. Así, na librería Azeta da Coruña asinaron exemplares das súas obras Xavier Puente Docampo e Xavier Alcalá. No mesmo senso, en varias vilas e cidades de Galicia como Monforte, Ferrol o Baio tiveron lugar presentacións dos libros de autores vencelledos a estes lugares.