O Degu reflicte nas súas páxinas toda a pluralidade das artes universais
TELEVISIÓN
O Diccionario Enciclopédico Galego Universal aposta pola calidade como enfoque nos contidos La Voz acomete dende o vindeiro 14 de setembro unha ambiciosa iniciativa cultural
27 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.A edición dun diccionario enciclopédico acométese sempre con ilusión. La Voz comparte ese espírito á hora de sacar á luz ó Degu. Por engadido adquire un compromiso, o de integrar a Galicia na universalidade coas súas propias aportacións. O Diccionario Enciclopédico Galego Universal solventa a eterna dúbida entre a síntese ou a profusión, apostando pola calidade e o recoñecimento das particularidades dentro do saber. Tal acontece coa literatura. Nas páxinas do Degu non se atopa un mero listado de nomes. Ós persoeiros propios e alleos, se engade toda a información precisa sobre movementos e diferentes xéneros. Así, Rosalía e Curros danse a man con Hemingway ou Günter Grass, pero tamén as obras inmortais da narrativa o fan coa poesía e as artes escénicas. As entradas referentes a Hamlet ou ó teatro do absurdo son exemplos de que todo o saber se reflicte e ten cabida no Degu. Por suposto, Galicia ten un espacio fundamental neste percorrido cultural do Degu, e xunto a nomes coñecidos en toda España, hai outros de ámbito máis galego, tanto pintores como escritores e mesmo das outras artes, dende a arquitectura á música.