Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Falece en Ourense Antón Tovar, o poeta da lucidez e o pesimismo

Camilo Franco OURENSE

TELEVISIÓN

PILI PROL

O escritor pasou os últimos anos case recluído na súa casa por problemas de saúde O enterro do autor de «Calados esconxuros» será ás 18 horas en San Francisco.

16 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

? poeta Antón Tovar faleceu na madrugada de onte en Ourense, onde viviu agachado entre os libros, o fume do tabaco e un tránsito constante entre a lucidez e o pesimismo. Tovar naceu en 1921, en Rairiz de Veiga, e padecía nos últimos anos problemas de saúde, desde a diabete ata un problema de cadeira que o tiña parcialmente inmobilizado na casa de Ourense. Antón Tovar foi un poeta resistente que se definiu nalgunha ocasión como «realista, é dicir, pesimista». Comezou a escribir en castelán na metade dos anos cincuenta pero non chegou a publicar ata 1960 cando aparece El tren y las cosas , recentemente reeditado. Neses primeiros anos sesenta cambian algunhas cousas na vida do poeta: ingresa no Partido Comunista e é expulsado como funcionario do Ministerio de Facenda. Vida poética Nese tempo Tovar comeza a escribir en galego ata que a súa obra é monolingüe. No 63, Galaxia publica Arredores , primeiro libro en galego, e desde este volume, comeza unha vida poética na que aparecen as dúbidas existenciais, os pequenos e os grandes dramas da vida. En 1974, reúne en Akal o que ata aquela data era a Poesía galega completa e nela expresa, a xeito de autopoética, a necesidade de que a poesía sexa intelixible para os lectores e amosa desconfianza para determinados experimentos de vangarda. Postura literaria que lle valeu un certo rexeitamento da crítica galega e pola que se sentiu nos últimos anos máis illado da poesía do país, o que lle permitiu manter a súa obra de resistente pesimista.