Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Kalandraka publica en galego por primeira vez «O diario de Ana Frank», ilustrado por Andrés Pinal

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

16 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

«Espero confiarche todo como non puiden facer con ningúen ata agora, que sexas para min un gran apoio». Con esta frase escrita o 12 de xuño de 1942 comeza o seu diario Ana Frank, unha rapaza de 13 anos, pertencente a unha familia xudea alemá afincada en Amsterdam. A chegada da Segunda Guerra Mundial obrigou a esta familia a esconderse nun refuxio para non ser deportados a un campo de concentración. No diario que recibe polo seu cumpreanos, Ana Frank rexistra o que acontece ao seu redor, tanto a súa propia transformación e sentimentos, como a actitude dos seus familiares e a situación política. O diario é interrompido en 1944 pola detención da familia Frank pola Gestapo e o seu traslado ao campo de Auschwitz. Ana faleceu finalmente en Berger-Belsen despois dun ano de detención. Con esta edición en galego, Kalandraka súmase á celebración do 75 aniversario do nacemento de Ana Frank. O libro foi publicado orixinariamente en 1947 e foi traducido a 60 linguas. É un dos libros máis lidos do século XX, do que se levan imprimidos máis de 20 millóns de exemplares. Lectura reflexiva A edición de Kalandraka, nun volume de tapa dura, conta con 17 fotografías de Andrés Pinal (Vigo, 1969). O fotógrafo vigués fai unha dobre e mesmo unha triple lectura reflexiva e unha ollada emocional, poética e literaria do diario. Pinal afástase dos elementos históricos e documentais da obra e capta momentos, espazos, e imaxes que deixan pegada no lector, que evocan emocións da protagonista da historia e que acaban sendo tamén do lector, coma a angustia, a tristeza, a esperanza, ou o desexo de superar a adversidade.