Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

As vangardas interrompidas

Concha Pino SANTIAGO

TELEVISIÓN

ÁLVARO BALLESTEROS

A montaxe, que estará aberta ata o 20 de marzo, reúne a produción literaria e cultural das artes plásticas, cine e fotografía, ademais da arquitectura galegas entre os anos 1916 e 1936

16 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

O Centro Galego de Arte Contemporánea reúne por primeira vez a produción cultural e artística das vangardas que emerxeron en Galicia de 1916 ao 1936, dúas décadas nas que Galicia encetou o despegue cara á modernidade. A exposición, patrocinada por Caixanova, inaugurouse onte no centro de arte compostelán, onde se poderá visitar ate o 20 de marzo. O comisario é o catedrático de arte Antonio Bonet Correa, que contou cun equipo de destacados especialistas en cada unha das disciplinas que concorren no que definiu na presentación como a recuperación da memoria histórica e unha visión global da idade de prata de Galicia. Un vídeo que sintetiza os acontecimentos en Galicia nesas dúas décadas recibe ao visitante antes de entrar na sala dedicada a Castelao, para seguir coa que amosa a produción literaria en todos os xéneros, fondos das editoriais Lar e Nós, exemplares de revistas e xornais, e carteis. O percorrido segue dando conta do cine e da mirada anovadora do documentalismo de Carlos Velo, do que se proxectan fragmentos de Galicia e Almadraba , ademais de O Carro, de Xaquín Lorenzo. As fotos de José Suaréz e as de Massó amosan as novas linguaxes neste campo, así coma o álbum de estampas de Ksado. Maquetas e planos de edificios revelan o auxe do racionalismo arquitectónico que se impoñía nas cidades. A pintura de Os Novos anterior á guerra, (Colmeiro, Maside, Souto, Fernández Mazas, Maruja Mallo, Laxeiro e Seoane) completa o abano de expresións nas que Galicia buscou a renovación e os distintivos da súa identidade nacional.