A filóloga Teresa Moure gaña o premio de ensaio Ramón Piñeiro

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

TELEVISIÓN

20 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

Teresa Moure, profesora de Filoloxía na Universidade de Santiago, é a gañadora da cuarta edición do premio de ensaio Ramón Piñeiro, convocado pola editorial Galaxia e Unión Fenosa, coa obra Outro idioma posible . O xurado, integrado por por Xosé Luis Barreiro, Ramón Villares, María Xosé Agra, Xan Bouzada, Carlos Fernández, Víctor F. Freixanes e Carlos Lema, decantouse por esta obra que pescuda a posibilidade dunha lingua artificial nun mundo globalizado.