Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

As «Memorias incompletas» de Lorenzo Varela festexan o Día das Letras Galegas

Luís Pousa Rodríguez
Luis Pousa A CORUÑA

TELEVISIÓN

CÉSAR QUIAN

La Voz de Galicia publica o vindeiro martes esta «autobiografía» do gran poeta de Monterroso O presidente da Academia destaca o compromiso do autor con Galicia e a democracia

12 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

?a coruñesa rúa Tabernas, na mansión que noutros tempos ocupou a narradora Emilia Pardo Bazán e que hoxe é sede da Real Academia Galega, presentouse onte o volume que La Voz de Galicia publica este ano para festexar o Día das Letras Galegas. O gran poeta Lorenzo Varela (A Habana, 1916-Madrid, 1978) será o protagonista deste 17 de maio, e para rescatar a súa biografía o periódico distribuirá ese día o libro Lorenzo Varela. Memorias incompletas , do escritor e xornalista Fernando Salgado. O presidente da Real Academia Galega, o historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández, explicou as razóns da elección de Lorenzo Varela para protagonizar este Días das Letras Galegas: «Primeiro, pola densidade da súa obra. Segundo, porque cantou a Galicia, á democracia e á liberdade, compromisos cos que sempre estará a Real Academia Galega. E, terceiro, porque por azares da vida a súa obra foi moi pouco coñecida aquí en Galicia. Desde a súa morte, como diría Isaac Díaz Pardo, unha lousa de ignorancia e descoñecemento pesou sobre a súa figura». «Sabiamos que sería discutida a elección fóra e dentro da Academia, pero aquí un escritor nunca será discriminado polas súas ideas», sentenciou Barreiro. O xornalista Fernando Salgado quixo destacar, dentro da traxectoria literaria de Varela, dúas pezas que o consagran como poeta: Catro poemas para catro grabados (1944) e Lonxe (1954). Dous volumes que, segundo Salgado, merecerían por si mesmos «moitos días das letras galegas». «Este ano non está de noraboa Lorenzo Varela, estamos de noraboa todos nós pola decisión case heroica da Real Academia Galega de rescatar estas páxinas da nosa historia», engadiu o autor de Lorenzo Varela. Memorias incompletas .