Unha autora para o Lueiro, o Piñeiro e mais o Xerais

La Voz

TELEVISIÓN

GALARDÓNS

22 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

?un tempo a esta parte o nome de Teresa Moure está asociado ao de premio literario. A escritora gañou hai dúas semanas o premio Xerais de novela por unha obra que se titulará Herba Moura . Esta mesma tarde, Teresa Moure presentará no Casino de Compostela, a partir das oito, o libro que foi premiado co Ramón Piñeiro de ensaio, Outra lingua é posible , publicado por Galaxia. A escritora asegurou onte que non se sentía feliz «porque o dos premios sirve para que moita xente me dea mimos e para coñecer a moita outra xente que tiña gañas de coñecer» pero que non se sinte sobrepasada por esta coincidencia de premios nos últimos meses «porque o de escribir é como o de pasar o ferro ou fregar os cacharros, algo que fago e que mesmo podería dicir que ten a mesma importancia». Moure indicou que A xeira das árbores é unha novel que ten con outra forma de mirar a vida e «que se foi considerada dura pode atribuirse á forma con que trata a violencia de xéneros, que non é un argumento que abunde tanto na literatura galega como para non resultar chocante». Moure considera que é necesario tratar a violencia de xénero de xeito «que non se contribúa a facer un tópico, como pasa nos medios, e que a xente non perciba a dimensión do problema».