A Real Academia inicia o programa de celebración do seu centenario

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

01 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

? presentación do libro Os Eoas , de Eduardo Pondal servirá esta tarde como escusa para inaugurar as conmemoracións do centenario da Real Academia Galega que se celebrarán ao longo deste ano. O libro, publicado por Sotelo Blanco abre tamén a colección que leva por nome Letras da Academia e na que se irán publicado títulos que gardan relación directa coa historia académica e cos personaxes que foron protagonistas da mesma. Os Eoas se publica en edición de Manuel Ferreiro e con estudos de Manuel Forcadela e Xosé Ramón Pena e os tres participarán esta tarde, desde as 19 horas, no acto que dará inicio ás celebracións da Academia e no que estará acompañados polo presidente da institucións, Xosé Ramón Barreiro Fernández, xunto cos académicos Xesús Alonso Montero, Xosé Luis Méndez Ferrín o editor Olegario Sotelo Blanco e xunto a eles a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo. O actor terá lugar na sede coruñesa da institución. Ao longo do ano 2006 celebraranse actividades para celebrar o centenario da fundación da Academia, actividades que estarán tamén íntimamente ligadas á celebración do Día das Letras Galegas que este ano se adica a Manuel Lugrís Freire, que foi un dos fundadores de esta institución. A Real Academia Galega ten previsto un programa de actividades para todo este ano que, entre outras cousas, dean a coñecer a historia da institución e algúns dos seus cometidos fundamentais. Desde a nomativa ortográfica ata a divulgación da lingua e da cultural galega. A presentación de hoxe será a primera deste programa e servirá de acto protocolario para a apertura do centenario.