Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Os lectores presentan máis de 200 propostas para a palabra galega máis fermosa

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

01 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

A páxina web de La Voz de Galicia recollía onte máis de duascentas propostas dos lectores sobre a palabra máis fermosa do idioma galego, entre as que destacaban verbas como vagalume , bolboreta , brétema ou morriña . Polo momento, e segundo se pode comprobar nos comentarios que incluén os lectores nas súas votacións, á hora de escoller prima a sonoridade sobre o significado das palabras, de aí a preferencia por termos foneticamente máis atractivos. Entre outras verbas con gran aceptación figuraban saudade e lóstrego . Para escoller a que consideren a palabra máis fermosa do galego os lectores poden facer chegar a súa proposta a través do correo electrónico www.lavozdegalicia.es/se_cultura/opina.jsp ou tamén por carta á sede central de La Voz de Galicia (Avenida da Prensa, parcelas 84 e 85. Polígono industrial de Sabón, 15142 Arteixo (A Coruña).