Álvaro Pombo, Melania Mazzucco e Teresa Moure recollerán o xoves o Premio Juan de San Clemente

La Voz C. P. | SANTIAGO

TELEVISIÓN

08 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Os escritores Álvaro Pombo, Melania Mazzucco e Teresa Moure recollen o xoves o Premio de novela Arcebispo Juan de San Clemente no instituto compostelán de ensinanza media Rosalía de Castro. O centro convoca este certame que distingue á mellor novela escrita en calquera lingua estranxeira, en castelán e en galego que fóra publicada o ano anterior ao da convocatoria, neste caso a do 2005, corresponde a undécima edición. O escritor santanderino Álvaro Pombo recibe o premio a novela en lingua castelá pola obra Una ventana al norte (Anagrama), unha historia de amor e conflitos persoais e relixiosos nos anos vinte que se desenvolve entre Santander e México. A distinción á escritora italiana Melania Mazzucco é por Vita , publicada en castelán por Anagrama, o relato no que realidade e ficción se confunden para contar a historia da emigración italiana en Nova York a comezos de século XX. A novela gañadora en lingua galega é A xeira das árbores (Sotelo Blanco), de Teresa Moure. O xurado está formado por alumnos de bacharelato de catro instituto de toda Galicia e distintos cada ano, e máis do Rosalía de Castro, que deciden entre tres obras finalistas en cada lingua.