
Emilio Guillín pode dar hoxe 27.500 euros a un único xogador Catro concursantes loitarán por un diñeiro que, de non entregarse, se sumará ao bote
24 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.Por primeira vez nos quince anos da Televisión de Galicia, un concursante desta cadea pode levarse a casa 27.500 euros, que superan os 4,5 millóns das antigas pesetas. O concurso da noite dos xoves Perdelo todo será o lugar onde Silvia Pazos, Luz Lustres, Jesús Manuel González e Laura Rodríguez loitarán coas súas equivocacións para obter tan apetecible premio. é un concurso moi especial, baseado nun clásico da BBC británica, e no que o importante é errar. Ante unha batería de preguntas moi fáciles e rápidas, os catro concursantes deben equivocarse o máximo posible. O que máis acerte se irá nesta primeira rolda de probas. A segunda fase é a entrega dun millón de euros para os participantes, que teñen que desfacerse dos cartos e os regalos o máis rápido posible. O que estea máis lento dos tres non pasará ao seguinte módulo. En mans do gaiteiro Nesta serie de probas da terceira rolda entra en xogo a habilidade. Os dous finalistas escoitarán as cancións tolas do Gaiteiro de Texas, unha mestura indescritible de galego e texano, e teñen que facer exactamente o contrario do que el lles indica. Cada vez que obedecen ao gaiteiro pasan ao Vertedoiro, onde se ducharán con diferentes substancias: se manchan, o concursante pode seguir xogando; se lle cae diñeiro, ten os minutos contados no concurso. Pero a dificultade máxima de Perdelo todo chega na fase final. É o Preguntón e nel o gran finalista ten que demostrar os seus nervios de ferro, xa que ten oito respostas para unha pregunta pero unha é falsa; ten que eliminar todas as demais para chegar a esta. Se o consegue, o concursante quédase co diñeiro do bote, se non, este increméntase un pouco máis. Emilio Guillín é o mestre de cerimonias desta festa do erro que cada xoves reúne na TVG a quen buscan unha alternativa ás series das televisións nacionais. Entre as súas funcións, Guillín ten que axudar aos concursantes, orientalos e facilitarlles chegar ao Preguntón, e para isa conta coa axuda de Varela, un persoeiro que as veces molesta máis do que axuda.