Phillip Hubber entusiasma aos espectadores do Festival de Títeres de Redondela

La Voz C. F. | REDONDELA

TELEVISIÓN

28 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

?s monicreques de Phillip Hubber deron fin á setima edición do Festival de Títeres de Redondela marcado por un cheo en case todos os espectáculos, na edición con máis seguimento dende a creación da cita en lembranza de Juanjo Amoedo. Un voceiro da organización do festival sinalou que estaban «a punto de morrer de éxito», advertindo de que «nunca como este ano o público respondera tan ben» as iniciativas. A principal atracción da última xornada foi o marionetista norteamericano que chegou a Redondela dende o circuíto dos grandes casinos dos Estados Unidos e dos escenarios de grandes variedades europeas. Hubber encheu nas dúas sesións que ofreceu onte no auditorio da vila e entusiasmou aos espectadores cuns monicreques que se moven entre a parodia e imitación conseguindo unha mobilidade asombrosa. O festival deste ano abriu aínda un pouco máis as posibilidades que o mundo dos títeres ofrecen e prestou especial atención aos espectáculos para públicos reducidos. Unha compañía brasileira, Gente Falante, ofreceu dúas montaxes de catro minutos cada unha que só admiten sete espectadores por función. Os franceses do Theatre du Risoriou levaron o seu carromato particular no que debe entrar o público para asistir á historia dun raposiño amigo dun coello.