Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O concurso de TVG «Perdelo todo» pon en xogo esta noite 12.000 euros

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

JOSÉ PÉREZ

Dous homes e dúas mulleres loitarán por errar o máximo posible nas respostas máis sinxelas O espazo repartiu hai unhas semanas unha cifra récord na canle: 27.500 euros acumulados no bote

07 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

O concurso das noites dos xoves en TVG, Perdelo todo , pon hoxe en xogo un bote de 12.000 euros, que se pode levar algún dos concursantes desta décima edición do programa: Mónica Magán, Saúl Muíños, Estela Paz e David Pernas. Emilio Guillín é o condutor do espazo que, malia competir coas grandes apostas da televisión nacional - Aquí no hay quien viva, de Antena 3, e Los Serrano, de Telecinco- acada unha cota de pantalla media do doce por cento. Son máis de cen mil os galegos que semana a semana sintonizan co programa máis tolo do panorama televisivo. Perdelo todo dá unha volta máis aos concursos tradicionais. Se o habitual é que uns concursantes loiten por demostrar as súas habilidades ou coñecementos, neste caso é ao contrario: gaña o que máis erre. O concurso ten cinco probas ben diferenciadas. Na primeira fase os participantes teñen que respostar a toda velocidade a unha serie de preguntas moi fáciles e por iso mesmo difíciles de acertar. «¿En que vehículo competía Miguel Induráin?» pode, por exemplo, ter todas as respostas que se queiran menos a de «a bicicleta». Se o concursante di iso, non gaña nada, e se erra, faise cun punto. Na segunda fase combínanse a capacidade de estratexia e a sorte. Cada un dos tres concursantes -un, o que menos errase na proba anterior, cae eliminado do concurso- ten que desfacerse dun millón de euros en regalos. O que ao rematar esta parte teña máis cousas, será expulsado. Moitos cartos A terceira parte obriga aos concursantes a seguir unha canción que entoa O Gaiteiro de Texas-Varela e facer exactamente o contrario do que lles propón. Quen gañe neste punto (e non reciba moreas de diñeiro no vertedoiro) pasa a O preguntón . Silvia Pazos levouse hai un par de semanas 27.500 euros neste concurso, unha cifra récord na historia do canle autonómico. Ata entonces foi Miguel González quen, con 8.500 euros, lideraba a clasificación de ganancias do espazo Perdelo todo.