Novos rostros nos informativos da TVG

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

23 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

A Televisión de Galicia muda de imaxe e comezará mañá a incorporar os cambios, que afectan tanto á cor corporativa da canle autonómica como á incorporación dun novo logotipo, a letra G. Pero ademais a renovación na TVG tamén afecta a todo o material de traballo, dende os micrófonos ata os platós nos que traballan os xornalistas. A emisora pública galega reuniu para retratalo ao equipo de presentadores de informativos no seu estudio.