02 may 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
O espazo cinematográfico da TVG Planeta cine achegarase ata Documenta Madrid, un festival internacional co que se pretende potenciar o xénero documental. O programa falará tamén con Adán Aliaga, director do documental La casa de mi abuel a, que comentará dous proxectos para a súa primeira película de ficció n.
Na sección
Arrebato
, o cantante Santiago Auserón descubrirá as súas preferencias cinéfilas e, na
Vía Láctea
, o crítico Miguel Anxo Fernández repasará as distintas versións de
King Kong
, un mito que cumpre 75 ano
s. Por último, Óscar Suárez falará de Cobarde s, a película coa que regresaron á dirección José Corbacho e Juan Cruz .