reality | 20.05
Baixo o título de Parabéns para ti , o programa de V Televisión Galego con curso centrarase hoxe na aprendizaxe de todo o vocabulario relacionado coas celebracións dos cumpreanos e calquera aniversario. Ademais, os alumnos da profesora Sandra Faginas poderán facer xogos de palabras que lles axuden a adquirir o novo léxico e non ter ningunha dúbida no momento de acudir a algunha festa deste tipo. Galego con curso presenta unha vez máis que é fácil familiarizarse co idioma dunha forma divertida e, sobre todo, novedosa.