docusoap | 00.00
V Televisión programa na madrugada do venres os mellores momentos de Xosé en Londres, a singular visión dun xornalista galego que tenta sobrevivir na capital inglesa, con moi poucos cartos e escasos coñecementos do idioma. Nesta dobre entrega, Xosé continúa co seu percorrido pola cidade na busca dun traballo e de galegos que vivan nesta cosmopolita capital.
Despois da pouco frutífera visita ao barrio e mercado de Whitechapel, Xosé coñecerá unha zona bastante máis refinada, o barrio de Chelsea, célebre lugar de residencia de moitos famosos, entre eles Mick Jagger. E farao da man dun bombeiro coruñés que traballa nese mesmo barrio. Iso si, a busca de piso continúa, porque aínda non saíu da pensión de María.
Logo Xosé fará unha visita aos bombeiros deste barrio londiniense, onde coñecerá a un galego que traballa desde hai anos neste corpo.