Dentro de toda a programación especial que ten preparada Televisión de Galicia con motivo da visita do papa Bieito XVI a Santiago de Compostela, o vindeiro 6 de novembro, hoxe ás 22.50 horas, a canle pública galega emite o documental Galegos no Vaticano , un achegamento ao labor que realizan na Santa Sede un grupo de galegos próximos ao Papa.
Os protagonistas desta reportaxe son Francisco Vázquez, embaixador de España; Paloma Gómez Borrero, investida recentemente como membro da orde de Santiago; ademais de frei Martiño Méndez, un galego irmán da orde de San Juan de Dios que leva 33 anos servindo na ambulancia do Papa como enfermeiro, e monseñor Francisco Froján, entre outros.