«Luar» redivivo

TELEVISIÓN

02 ene 2015 . Actualizado a las 07:31 h.

Xosé Ramón Gayoso ten máis táboas que o aserradoiro de Serramoura. Curtido nunha chea de batallas televisivas conduciu o programa da fin do Nadal da galega con mestría. Unha vez máis. Cun traxe escuro e «paxarita de lunares», clásico e elegante a un tempo, o presentador coruñés estivo ben acompañado ao longo do espazo por unha renacida Silvia Jato, intelixente e xeitosa luguesa que aproveitou a gala para lucir un vestido vermello que atraía ducias de miradas. Os invitados foron quen de facer vibrar ao público e a troula comezou ben. Así, Marta Sánchez, Chenoa, Mario Vaquerizo ou orquestras como a París de Noia deron folgos aos danzantes de gorro, matasogras e confeti. Sen embargo, a pesares da ledicia, a esmorga deixou un certo cheirou a Luar. E non só polo Gayoso. A sensación era a dun venres normal diante da pantalla. Música, cimbreo e o presentador co micro na boca. Ata que chegaron as badaladas no reloxio da Berenguela, con xente no Obradoiro e un Roberto Vilar saíndo coma espontáneo tras do Gayoso para avanzar que volve o Land Rober. ¡Aquí estou eu! Un Luar redivivo pois.