«Atrápame se podes», premiado co Iris da Academia da Televisón

La Voz REDACCIÓN

TELEVISIÓN

.

O consello da entidades outorga ao concurso que produce Voz Audiovisual e emite Televisión de Galicia, ademais de outras canles autonómicas, o galardón de mellor programa do 2024

18 dic 2024 . Actualizado a las 15:38 h.

Atrápame se podes, o concurso que se emite en Televisión de Galicia e produce Voz Audiovisual, ademais doutras canles autonómicas como ETB2, Aragón TV, TV3, CMMedia, Canal Sur, IB3, TVC, Á Punt, Telemadrid e Canal Extremadura, obtivo o premio a mellor programa autonómico que outorga cada ano o consello da Academia de Televisión e das Ciencias e Artes do Audiovisual. Ademais distinguiu o cómico e humorista andaluz, Manu Sánchez, como mellor presentador autonómico. 

O Consello da Academia é o órgano máximo da Institución no que participan representantes da Xunta Directiva e representantes das cadeas xeneralistas, canles autonómicas, plataformas dixitais e entidades de xestión de dereitos de autor. Na reunión participaron os seguintes profesionais: Ricardo Carbonero (Prime Vídeo), Sofía Fábregas (Disney ), Bibiana Fernández (Warner Bros Discovery), Purificación González (Movistar Plus ), Lola Molina (Atresmedia), María Eizaguirre (RTVE), Sandra Fernández (Mediaset España), Inés París (SGAE), Isabel Cabrera (Canal Sur), Blanca Vives (Telemadrid), Edelmira Rodríguez (CMMedia), Dámaso Castellote (Canle Estremadura), Mar Comín (Ib3), Cristian Trepat (TV3), Alberto do Pozo (Aragón Televisión), José Luis Román (EITB), María Casado (Presidenta Academia TV), Francisco Moreno (Academia TV), Jota Abril (Academia TV), Pepe Quílez (Academia TV), Joana Carrión (Academia TV), Beatriz Maesso (Academia TV), José María Irisarri (Academia TV) e Manuel Campo Vidal (Academia TV).

«Atrápame se podes»

Atrápame se podes é un programa fresco e dinámico destinado a un público familiar e no que, ademais de dar posibilidade aos concursantes de gañar importantes premios, o humor é o protagonista. Trátase do concurso autonómico con máis versións, que maiores premios económicos entregou e que máis audiencia achega a todas e cada unha das cadeas que o emiten.

Sen importar a súa franxa de emisión, o rendemento do formato, a fidelidade da audiencia e a achega á cadea fano un formato de gran valor para a televisión do noso país. E non só iso, ademais, é un concurso cultural no que teñen moitísimo peso contidos autonómicos propios, preguntas sobre a historia, o deporte, a música, a política e a cultura de cada unha das comunidades nas que se emite.

O concurso, presentado por Paco Lodeiro na Televisión de Galicia, combina humor, cultura xeral e a participación activa dos concursantes, logrando cativar tanto a espectadores de todas as idades como á crítica especializada. Desde a súa estrea en 2021, o espazo das noites da TVG leva repartida unha cantidade de diñeiro que supera os 320.000 euros a máis de 780 participantes no concurso ordinario, tanto a través dos tres botes gañados coma dos premios diarios de 200 euros, que levan aqueles concursantes que completan a escaleira antes que o rival, aínda fallando algunha das cinco preguntas finais. Cómpre salientar que no tempo que leva en antena, o Atrápame se podes entregou o maior premio na historia da TVG, consistente en 101.800 euros.

Pola súa parte, Manu Sánchez é un presentador, actor, escritor e empresario cunha traxectoria profesional que supera os 20 anos sobre os escenarios, destacando pola súa versatilidade e a súa vinculación á televisión desde os seus inicios. Un percorrido no que predomina a súa faceta como condutor, director e produtor de programas que acadaron grandes datos de audiencia ao longo das súas diferentes edicións. Somos Música, actualmente coa súa segunda edición en antena no prime time dos sábados noite de Canal Sur Televisión, está a chegar ás pantallas de centos de miles de persoas desde a súa primeira edición, en outubro del 2022. Un programa que conta grandes historias a través da entrevista a unha figura destacada do panorama nacional, coa música como fío condutor.

Os programas nos que participa Manu Sánchez, traspasan as fronteiras andaluzas e contan con gran cantidade de seguidores tanto no resto de comunidades autónomas nacionais como en diversos países de fala hispana e cuxa produción lidera el mesmo desde 16 Chanzos, produtora audiovisual nacida no 2007.

Os Premios Iris entregaranse o próximo 14 de xaneiro no Gran Teatro Caixabank Príncipe Pío.