La Xunta pide a la Liga que se compense al Deportivo y pone de ejemplo el año que se amplió la Primera División a 22 equipos
TORRE DE MARATHÓN
El secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, asegura que ya ha iniciado los contactos para arropar al club coruñés en su reclamación para que siga en Segunda
21 jul 2020 . Actualizado a las 21:27 h.El Deportivo cuenta con el respaldo de la Xunta. Así se le manifestó tanto de forma pública como privada desde el gobierno gallego. Por eso pide que se compense al club coruñés por el atropello sufrido el pasado lunes y pone como ejemplo el año en el que la Liga se amplió a 22 equipos para hacerle sitio al Celta y al Sevilla. Así, apoyará a la entidad que preside Fernando Vidal en su lucha por ampliar la Segunda División a 24 conjuntos.
«A Xunta de Galicia defenderá sempre os intereses do deporte galego e, nomeadamente, os dos seus clubs históricos como o Deportivo (oitavo equipo de fútbol de España máis laureado). A todas luces o ocorrido no día de onte —por el lunes— é unha inxustiza xa que nin o Deportivo nin o Fuenlabrada puideron defender os seus intereses no terreo de xogo como si o fixeron os demais equipos implicados no descenso e no ascenso. Ademais, hai unha clara irresponsabilidade por parte dalgunha institución que puxo en risco a saúde da poboación da Coruña así como doutras partes do resto de España, tendo en conta os contactos que puideran ter os xogadores do Fuenlabrada positivos nas últimas datas. A Xunta entende que a Liga debe compensar dalgún xeito o dano causado aos equipos en liza e como exemplo mostra o descenso administrativo non consumado de Celta e Sevilla en 1995 que finalmente non se fraguou e que acabou xerando unha Liga de 22 equipos. A Xunta de Galicia xa está en contacto cos equipos implicados, así como coa Liga, a Federación e o CSD, para coñecer todos os pormenores da situación e poder emprender algunha acción ao respecto. Esta situación reflicte, unha vez máis, a falta dunha estratexia coordinada e consensuada con todas as comunidades autónomas como leva defendendo a Xunta desde o inicio da pandemia», asegura José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte.
Y es que el dirigente no tiene duda en el agravio sufrido por el club coruñés: «O Real Club Deportivo de La Coruña, veuse evidentemente prexudicado ao non poder disputar o seu partido en igualdade de condicións co Numancia, Albacete e Lugo, equipos cos que dirimía a salvación de categoría. As vitorias do Lugo e do Albacete fan que o Deportivo perda a categoría sen ter opción de xogar á mesma hora que os seus rivais e intentar meterlles presión, xa que os virtuais tres puntos manterían ao equipo herculino na Segunda División ata o minuto 90 dos partidos do pasado luns», explicó.