Fernando Vázquez: «Se o partido é un paripé, paréceme que o arresto temporal de Bergantiños é un sainete»

La Voz REDACCIÓN

TORRE DE MARATHÓN

RCDeportivo

El técnico blanquiazul pidió a la afición «responsabilidade» y un «comportamento exemplar», y manifestó estar «sorprendido e emocionado» con la respuesta de los jugadores a la convocatoria

06 ago 2020 . Actualizado a las 20:58 h.

Fernando Vázquez analizó en la rueda de prensa previa al partido contra el Fuenlabrada las circunstancias del club tras la filtración del audio de Álex Bergantiños y el aplazamiento del encuentro para el próximo viernes. 

El audio de Bergantiños

«Eu xa hai tempo que tamén califiquei o partido así [paripé]. Utilicei a palabra ópera bufa. Isto non significa que nós tomemos o partido como un paripé. É un paripé montado por alguén. Nós tomaremos o partido con seriedade, porque sabemos a responsabilidade que temos, pero é un paripé tal e como dixo o meu capitán, montado pola Liga».

«Álex quería xogar cun número determinado de xogadores para competir, non para adulterar a competición. Estaba pedindo un número suficiente de profesionais para poder competir».

«Eu non vexo onde está a tración da competición. Ponlle un adxectivo a un partido dos que non somos responsables da organización. Eu teño visto partidos de fútbol en que os xogadores dos dous equipos paran de xogar como protesta. Ese foi o razoamento de Álex Bergantiños. Onde está o erro? Onde está que quería vulnerar este partido? El dixo que despois do 1-0 faríamos un acto de protesta. Por suposto. É algo que tamén colle na miña cabeza».

«Quero pensar que quen trasladou o audio a un medio foi un intermediario entre o xogador e o xornalista. Se realmente é un xogador, é repudiable. Querer facer dano paréceme moi grave. Se neste caso souberamos que así foi, evidentemente ese xogador sería repudiado polo entrenador e polos seus compañeiros, pero non temos claro que fora a situación».

«Se o partido é un paripé, paréceme que o seu arresto temporal é un sainete. Dá un pouco a risa. Rapidamente, en menos de 24 horas, aparece a policía para tomar declaración e requisarlle o móbil. Como dixo a nosa alcaldesa, hai xente que cometeu imprudencias bastante máis graves e, de momento, nin pediron declaracións a nivel policial, nin está pasando absolutamente nada. Paréceme unha actuación absurda por falta de darlle tempo a pensalo con calma e ler correctamente o audio de Bergantiños, co cal estou totalmente de acordo».

Transcurso de los eventos

«O 26 de xullo a Liga de Fútbol Profesional dixo que a competición estaba suspendida e acabada. Os nosos xogadores estaban de días libres, porque se a Liga, tan seria como di que é, di que o partido está suspendido, nós temos vacacións. A partir de aí chámannos para xogar, e nos respondemos axeitadamente. Os xogadores veñen aquí, e habería que ter moi en conta que respecto hai da Liga aos xogadores. Os meus xogadores teñen que xogar un partido despois de 15 días sen apenas facer nada cunha simple posta en movemento».

«A primeira pregunta que hai que contestar é se houbo vulneración da competición. Eu teño unha resposta: por suposto que a houbo. Se queremos unha proba miremos o que está a pasar, este partido, o que pensan Elche, Zaragoza e Numancia, vítimas dunha vulneración. O Deportivo síntese prexudicado, por suposto. Por tanto, o Deportivo e o deportivismo teñen que defender os seus principios».

«Hai xente que non quere dialogar, e ao Deportivo só lle queda a vía que está tomando: a da xustiza, que eu, persoalmente, creo que é a correcta.  

«O Deportivo está defendendo os seus intereses lexítimos, que foron vulnerados. Nós estamos no noso xogo, en defender aquilo que nos queren arrebatar sen ter xogado a última xornada. Se non tivésemos posibilidades, o Deportivo aceptaría o descenso. Pasariamos o noso período de luto pero sairiamos fortes para competir na Segunda División B».

«Eu apoio todo o que faga o meu club. Non pedín nunca o descenso de ninguén. Só digo que houbo unha decisión tomada un día minutos antes dun partido para suspendelo. Quenes a tomaron son agora conscientes de que se equivocaron. O normal é analizar os efectos da decisión e intentar correxila sen crear un dano colateral. A solución que pide o Deportivo é unha liga de 24 e que ninguén saia prexudicado, e non unha decisión tomada autoritariamente desde un despacho, sen sensibilidades nin sentimentos, coma se esto fora un mal menor».

«Teño que agradecer o comportamento dos clubes modestos de Galicia. Desde o fútbol español, a imaxe que estamos transmitindo é lamentable, non sei por que estamos chegando a esta situación».

 

Sandoval

«Chameino un día cando estaba aínda na Coruña, pero non conseguín contactar con el».

El partido ante el Fuenlabrada

 «Que ninguén pense que o Deportivo mañá non vai gañar o partido. Que confíen totalmente en que o Deportivo, dentro das súas limitacións, vai intentar gañar o partido polo ben e pola igualdade da competición. Unha competición pola que nos sentimos un pouco traicionados. É a nosa responsabilidade manter a honra da competición».

«Nós imos ser leais, a poñer o mellor equipo que poidamos facer, e o Elche pode estar tranquilo que o Deportivo pelexará polos tres puntos porque ten moito interese en gañar este partido».

«É unha situación dura, complicada. Aínda temos que xogar un partido mañá, pero síntome forte e lúcido. Temos a razón e imos a defendelo ata as últimas consecuencias».

Respuesta de los jugadores a la llamada del club

«Realmente estou sorprendido e emocionado. Creo que o club se sinte exactamente igual, e creo que o deportivismo ten que estar moi orgulloso dos chavales que os están representando no terreo de xogo. Xa virá o momento de facer críticas deportivas sobre a tempada do equipo, pero nestes momentos creo que os xogadores do Deportivo están dicindo "aquí estamos, estamos todos unidos", e eu creo que é unha gran noticia para o deportivismo».

Llamamiento a la afición

«Dame a sensación de que nos quixeron coller nalgún renuncio: que non xuntásemos xogadores, que non nos presentásemos... Temos que ter coidado. A nivel deportivo, fomos capaces de salvar a situación e mañá o Deportivo vaise presentar en Riazor. Agora, o que lle pido á afección é que fagan o que crean convinte, pero que sexan coidadosos cos intereses propios, que son tamén os do Deportivo, e que o seu comportamento sexa impecable. Responsabilidade, gran comportamento, e que despois apoien ao equipo como crean convinte».