Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Os IES de Coruxo e A Guía organizan una exposición de banda deseñada

La Voz B. R. S. | VIGO

VIGO

A mostra exhibe orixinais de trinta autores galegos e publicacións de varios países O alumnado tamén participa con debuxos realizados nun obradoiro de ilustración

26 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

Os institutos de Ensino Secundario de Coruxo e A Guía, están a organizar unha mostra de humor gráfico e banda deseñada galego portuguesa. A exposición abrangue diferentes aspectos do arte do debuxo e ademáis de exhibir trinta láminas orixinais de autores galegos, presenta tamén dez láminas realizadas polo alumnado dos dous centros, feitas a partir dun obradoiro de Banda Deseñada que foi impartido polo ilustrador Kiko da Silva. A exposición amosa por outra parte, publicacións de humor gráfico e BD en galego e en portugués (con viñetas de artistas do mundo lusófono chegadas desde Macau, Brasil, Mozambique e Angola) e se pode visionar un CD-rom titulado Humor Cru , que contén pezas de humor gráfico sobre a catástrofe do Prestige, realizado polo Concello de Fene. A historia Para completar a iniciativa, nos paneis pódese afondar na historia da BD galega a través de follas explicativas que percorren os principais eventos, autores e publicacións nacidas na comunidade. A exposición está aberta no IES de Coruxo ate próximo venres, 30 de abril, e pasará ó de A Guía o lunes, 3 de maio, donde permanecerá aberta ate o día 14 en horario escolar. As actividades se completarán con conferencias dos ilustradores Pepe Carreiro na Guía, e Kiko da Silva en Coruxo. Os profesores Ildefonso Piñeiro (en Coruxo) e Francisca Álvarez (na Guía), coordinan a iniciativa.