Chegaron as rebaixas

Nani García

VIGO

03 jul 2018 . Actualizado a las 21:39 h.

Outono 2011, 7ª edición do Imaxina Sons. É a resaca do primeiro ano como director do Imaxina Sons. Empezan a chegar rumores sobre o o feito de que hai xente intentando practicar o «quítate tu pa ponerme yo», sen o mais mínimo recato. Anos mais tarde, 2016, intuindo a deriva que iba tomando o tema decidín dimitir como director. E mira por donde, acertei. Era visto. E logo a cousa foi aínda a peor.

Posteriormente, en xaneiro de 2017, puiden asistir a un encontro propiciado polo responsable de Cultura no que foron convocados ademais da recén chegada directora nese intre, Lucía Martínez, o actual a día de hoxe e outras personalidades do mundo do jazz galego. Non estaban todas, certo, pero había algunhas importantes. Se supón que nesa reunión debería haberse propiciado unha especie de tormenta de ideas para intentar dar pulo a un festival que sempre foi ben ata que chegaron as rebaixas e os limadores de patas. O festival tiña unha liña. Era distinto. Espectacular nos seus comenzos. Foi quen de chamar a atención no resto de estado. Logo, sen cartos e sen cariños políticos que abrazaran a causa, a cousa empezou a esvaecer.

Desa reunión o único que saquei en claro e que había un señor que non estaba de acordo ca liña do festival e que, dalgún xeito, el se postulaba a facelo mellor. A idea principal que esta persoa esgrimía era que o festival debería de ser máis mainstream. Ou sexa: baixar o listón paro os pobres aficionados que non son capaces de entender o que pasa enriba do escenario. Un argumento algo sospeitoso ideolóxicamente aínda que máis ben, os que non entendían ese jazz eran eles. Así de chusco funciona isto por dentro. Claro está, había outros argumentos; pero non eran musicais. Esa persoa despois de intrigar e non deixar de serruchar ata que o pola cedeu é, a día de hoxe o novo director do festival Imaxina Sons.

¿Meritos? Non os sei. Agora está dentro, e declara con todo o valor do mundo que prefire optar por un jazz máis estándar en detrimento da improvisación. (¡Non vaia ser que progresemos!). É como dicir que nun festival de música barroca prefiren apostar por todo aquilo que non sexa demasiado barroco. Polo menos deixen de chamalo Imaxina Sons. Podo entender que se cese a un director pola causa que sexa. Un responsable de Cultura debe de ter un criterio definido. Pero isto que pasou aquí era a crónica dunha morte anunciada. Non hai criterio artístico que soporte esta decisión.

E escribo esta carta porque estou ata o gorro de que se menosprecie a todo un xeito de entender o jazz que costou decadas sacalo adiante, conceptualo mesmamente, e que tuvo en músicos como Baldo Martínez e moitos máis no panorama galego e estatal, grandes expoñentes. Xente que sempre fixo súa a aportación características do jazz ao mundo da música en xeral, e a partir de ahí tentou crear unha identidade propia; buscando, equivocándose, crecendo etc. pero propia. A meu modesto entender, as franquicias na arte e mesmo na música, nunca deixaron pouso algún.