A terceira entrega da 9ª Edición do Memorial de Música Tradicional a protagonizan o gaiteiro moañés Iván Costa, o mestre de baile compostelán Serxio Cobos, e o grupo Airiños da Freba
21 mar 2021 . Actualizado a las 05:25 h.Hoxe ás 18.00 horas • Auditorio Veciñal de Valladares • Entrada libre • Ten lugar hoxe a terceira entrega da 9ª Edición do Memorial Nazario González Moxenas (A Música Tradicional Re-vista) no Auditorio do CVC de Valladares. Tras Oîma e Fransy-Davide-Cibrán e Zurrumalla e Os Xesteiros, a proposta deste domingo a protagonizan o gaiteiro moañés Iván Costa, o mestre de baile compostelán Serxio Cobos, e o grupo Airiños da Freba, agrupación lucense dedicada a recoller e divulgar a música popular das orquestriñas da provincia de principios do século XX, conta no seu disco «Con Grelos» cun divertido videoclip de «Polichinela», versión do tema que fixo popular a artista manchega Sara Montiel e que eles recolleron do gaiteiro Ramiro Villamor. Xosé Manuel Díaz, Barbeiro, acordeón; Rebeca Tallón, bombo; Pablo Pintor, clarinete; Luis Quintana, saxo soprano; Víctor Villamor, gaita; e Daniel Carballo, Maka, caixa e voz fan un gran traballo de recuperación de melodías nunca antes grabadas. A última sesión do memorial contará con Paraíso Canto e Tradisión.