A libraría Cartabón acolle a presentación da obra que reúne as reflexións de Manuel Fernández Blanco, Pilar García Negro, María Xesús Nogueira, Manuel Outeiriño, Fernando Ramallo, Francisco Sampedro Ojeda e Iolanda Teixeiro
24 mar 2021 . Actualizado a las 05:25 h.Catro Ventos Editora presenta «Setenta ideas para a (pos)pandemia» na libraría Cartabón (Urzaiz, 125) de Vigo. Será na compaña de Fernando Ramallo, Francisco Sampedro, Xosé Luís Méndez Ferrín e Patricia Buxán hoxe, mércores, 24 de marzo, ás 20.00 horas.
Segun explican, o libro reúne as reflexións de sete grandes voces galegas durante e despois do confinamento de 2020 e que busca sentar as bases para un posible escenario (pos)Covid-19. Na presentación en Vigo estarán dos dos autores da obra, Fernando Ramallo e Francisco Sampedro, que estarán acompañados de Xosé Luís Méndez Ferrín, e da socia de Catro Ventos Patricia Buxán.
Setenta ideas para a (pos)pandemia conforma unha reflexión arredor do novo escenario mundial. A chegada imprevista da COVID-19 a unha sociedade que se pensaba intocable supuxo e supón un novo paradigma vital caracterizado por un contexto imprevisible e descoñecido. Conscientes da necesidade de aproveitar a nova realidade para cambiar a nosa maneira de relacionarnos e interactuar co mundo, este libro recompila as reflexións de Manuel Fernández Blanco, Pilar García Negro, María Xesús Nogueira, Manuel Outeiriño, Fernando Ramallo, Francisco Sampedro Ojeda e Iolanda Teixeiro Rei sobre cara a onde nos diriximos, que podemos esperar destes novos «tempos interesantes» e como podemos abordalos con suxestións e decisións concretas.