«Hai moitas persoas disidentes sexuais no pasado sen investigar en Galicia»

eva fernández prieto

VIGO

cedida

A escritora e activista trans asina hoxe «A defunción dos sexos» na caseta da Libraría Pedreira na Feira do Libro de Vigo

05 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Daniela Ferrández vén de publicar unha obra divulgativa sobre a memoria da disidencia sexual e de xénero en Galicia que asina hoxe ás 19.00 horas na Feira do Libro de Vigo.

—Como naceu a idea para facer este libro?

— Son investigadora e activista trans. Fixen a miña tese sobre o clientelismo político. Decidín xuntar estas dúas cuestións que converxen en min. Comecei a utilizar ferramentas da miña formación para traballar sobre o pasado da disidencia sexual en Galicia.

—Foi complicado recompilar as historias do libro?

—Foi bastante complicado dependendo da época. O libro está dividido en tres etapas. A primeira quizais foi a máis difícil porque é a máis afastada a nivel cronolóxico, dende finais do XIX ao primeiro terzo do XX. Traballei con fontes de xornais históricos que fun cruzando con outras fontes de arquivo. Na segunda época, o franquismo, traballei con fontes de arquivo, xa que hai abondo sobre a represión do franquismo ás persoas disidentes sexuais en Galicia. Arquivos como o Arquivo Histórico Provincial de León. Na terceira época, a máis recente, había bastante información recollida no Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos. Este actúa de arquivo do movemento LGTBI galego. Tamén moitos protagonistas están vivos e participan no activismo.

—Chamoulle a atención algunha historia en concreto?

— Case todas. Eu cando comecei a escribir o libro sabía que había historias deste tipo no pasado porque xa o traballaron outras persoas. Como é o caso de Elisa e Marcela. Hai moitísimas persoas disidentes sexuais no pasado da Galiza que están por investigar e hai unha necesidade por parte do colectivo e da sociedade. Son historias de persoas que viviron cun xénero diferente ao asignado ao nacer. Por exemplo, Teresita, unha muller trans da Coruña de finais do XIX. Pasou meirande parte da súa vida como muller en América Latina.

Tamén destaca a personaxe da portada, o transformista escénico do primeiro terzo do XX Ernesto Foliers. Seguiu a moda do transformismo escénico. Tampouco coñecía a proxección dos movementos de liberación sexual dos anos 70 e 80. Sorprendeume a capacidade de convocar a primeira manifestación do colectivo en Vigo en 1981.

—A súa obra pode axudar a outras persoas do colectivo?

—Concibo a miña obra para toda a sociedade, non só para o colectivo. A diversidade sexual é parte da sociedade, é importante comprendelo para construír o futuro e comprendernos no presente.

Programación de la Feria del Libro para hoy: 

17.00 h.?•??Antonio Manuel Fraga firma Santoamaro. Cuentacuentos Contos nas orellas de Bea Campos.

18.00?h.• ?Antonio García Teijeiro firma sus obras. Carlos Callón presenta O libro negro do galego por Edicións Xerais. Eva Porto firma ¿Qué hago con mi vida? Alberto Avendaño firma Massai.

19.00h.?•? Daniela Ferrández firma A defunción dos sexos. Esteban Souto presenta As ruínas de Lisboa. Antía Eiras firma Mil noches a tu lado.

20.00h.•? Antonio García Teijeiro firma Que demo de monicreque e No xardín do poeta. Homenaje a Domingo Villar por Biblioteca Municipal Neira Vilas e Editorial Galaxia. Jorge Campos firma O destino de Kamelo.