Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Ledicia Costas chega con novas da señorita Bubble

La Voz

VIGO

MARCOS MÍGUEZ

23 feb 2023 . Actualizado a las 05:10 h.

Hoxe ás 18.00 horas • Libros para Soñar (Triunfo, 1) • «A señorita Bubble recibe unha carta de Isabel II e ten que viaxar inmediatamente ao Palacio de Buckingham. A raíña ten problemas: hai invasión de ratas na cidade de Londres». A escritora viguesa Ledicia Costas presenta en Libros para Soñar unha nova entrega das aventuras da Señorita Bubble, Deus salve as raíñas. No acto, será entrevistada por Andrés Troncoso Lago, que é un neno de dez anos moi divertido.