O Concello renova a colección de Fernández del Riego

La Voz

VIGO

Oscar Vázquez

Está situada na Casa Galega da Cultura

01 jul 2024 . Actualizado a las 09:51 h.

O Concello de Vigo renovou completamente o espazo expositivo dedicado a Francisco Fernández del Riego que se atopa no primeiro andar da Casa Galega da Cultural. «Que fun un home consecuente; que nunca traizoei os meus principios e ideais; e que sempre mantiven unha postura de ética máis estrita». Este parágrafo, que resume como quería ser lembrado Francisco Fernández del Riego, recibe aos visitantes.

Nunha ampla sala se presenta un percorrido pola vida e obra de Francisco Fernández del Riego. O discurso expositivo, comisariado por Bea Liz de Cea, alterna paneis, nos que se informa dos diferentes aspectos vitais e de desenvolvemento intelectual e político de don Paco, con numerosos cadros e esculturas do máis importante da arte galega do século XX xunto con obxectos persoais de don Paco.

Todas as pezas, agás unha, pertencen a colección artística que Fernández del Riego doou ao Concello de Vigo. A parte pictórica encadea obras do máis importante renovadores da arte galega. Aí están Laxeiro, Seoane, Díaz Pardo ou Colmeiro. Tamén hai pezas escultóricas de Faílde Gago ou unha carauta feita por Castelao.