O Concello da Illa pide que se busquen solucións para o patrimonio marítimo galego

La Voz A ILLA / LA VOZ

A GUARDA

Mónica Irago

Urxen amarres dignos para esta flota tan característica

06 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello da Illa quixo amosar onte a súa solidariedade coa Asociación Piueiro, de A Guarda, un colectivo dedicado á conservación e protección do patrimonio marítimo galego. Esta semana, durante a noite, un temporal de vento fixo que o volanteiro Piueiro se soltase do seu punto de fondeo e fose arrastrado cara a escollera do peirao guardés, coa que bateu. «Afortunadamente, os danos non foron moitos e o barco está xa en terra e fóra de perigo», sinalan dende o Concello da Illa, onde este episodio recordou o acontecido hai uns anos con O Rei do Mar.

Este episodio fai que dende o Concello da Illa queiran romper unha lanza a prol da protección do patrimonio marítimo, «que por desgraza está como está, sen instalacións como é debido, buscando sitio onde poden», en palabras do alcalde Luís Arosa (PSOE). «Este patrimonio, do que tan orgullosos estamos, precisa da implicación de todas as administracións para a súa defensa e protección, provisión de amarres axeitados nos portos e normativa que recoñeza a súa singularidade e que o poña en valor».