Covelo conta cun novo rei e cambio as vacas por un tractor para subir ao Coto da Raña
COVELO

O entroido de Melón cumpriu coa tradición e Manuel Taboada é o novo protagonista da festa
05 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O de Covelo é un dos entroidos máis singulares da provincia de Ourense. Unha festa, a de Melón, que cada ano atrae a xente que chega de todas partes para coñecer esta manifestación tradicional que xunta a veciños da contorna, fotógrafos, etnógrafos e investigadores.
Como manda a tradición, a comitiva do Rei de Covelo sube dende O Regueiro ao Coto da Raña. El vai derriba do cabalo e os seus súbditos deféndeno contra os inimigos que tentan roubarlle a coroa e tiralo do poder.
Este ano a festa contou con dúas novidades importantes. O carro que leva á parella de personaxes do entroido foi tirado por un tractor, en lugar de vacas como é o costume, e Covelo contou cun novo rei. Manuel Taboada é dende este 2025 o monarca ao que hai que lle ripar a coroa.