Foron recoñecidos pola Federación de Gremios de Editores de España polo seu labor de promoción da lectura
03 oct 2024 . Actualizado a las 17:50 h.En 2006 un grupo de nais e pais dos nenos do Colexio Rural Agrupado (CRA) de Gondomar xuntáronse para desfrutar da literatura xunto aos seus pequenos. Foi o berce do Espazo Lectura, unha asociación que hoxe é un referente nacional no eido da literatura, e que vén de recibir o premio Liber 2024 da Federación de Gremios de Editores de España nun acto celebrado no Museu Nacional d'Art de Catalunya en Barcelona onte dentro da maior cita profesional do libro español do mundo.
«Foi un orgullo para todas as que formamos parte de Espazo Lectura recibir este recoñecemento», destaca a presidenta, Yaiza Peixoto. Ela e a vicepresidenta, Marta Fernández, foron as encargadas de recoller un premio «que é moi importante para darnos a coñecer, que destaca o noso traballo a nivel nacional e que é entregado polas propias editoriais». De feito, Peixoto e Fernández non desaproveitaron o seu paso pola feira e visitaron os postos de moitas das empresas que son socias protectoras do proxecto. Elas é un grupo de máis de vinte persoas voluntarias fan posible o día a día dunha asociación que xa é referente na promoción literaria da literatura galega en todo o país.