¡Volve Porrigalia! Galos, castrexos, romanos, exipcios e gregos volven tomar as rúas do Porriño este fin de semana
Porrigalia, a festa dos Xogos Olímpicos do Porriño, está de volta coa súa VIII edición, que se celebra os días 12, 13 e 14 de xullo
Astérix e Obélix co seu fiel amigo canino Ideafix, Panoramix, Cleopatra, entre outras celebridades, acompañan ao Emperador Alejandro Lorenzo (alcalde do Porriño), aos deportistas de élite Ana Gómez, corredora de maratóns, a Claudio Giráldez, adestrador do Celta e pregoeiro da Porrigalia, e a todos e todas as participantes destes xogos e festexos que toman as rúas da vila.
Non faltarán os desfiles dos representantes das cinco civilizacións da vila do Louro: castrexos, galos, exipcios, romanos e gregos.
Concertos de A Roda, Lucía Pérez ou A Gramola Gominola, súmanse á programación musical, e moitas sorpresas máis…
A música é parte fundamental da Porrigalia, e ademais das charangas nas rúas que quentan o ambiente durante os tres días de festa, nos que este ano a veciñanza do Porriño e os visitantes poderán disfrutar da música en vivo de varios grupos musicais. Lucía Pérez actuará o venres 12 de xullo ao rematar o pregón e o acendido da chama olímpica. La Patrulla dará un concerto o sábado 13, despois do «secuestro» do alcalde. Ese mesmo día, ás 21:30 A Gramola Gominola tocará tamén na mesma praza. E o domingo actuarán os Gin Toni's ás 13:00, Picadiscos MariFaltri ás 19:00 e A Roda.
Durante toda fin de semana haberá actuacións de DJ's nas distintas prazas da vila. Figuras como DJ Donper, DJ Brokkt, DJ Keva, DJ Rulo, DJ Mus ou DJ Juan de Marco, amenizaran as veladas do venres e o sábado.
As probas olímpicas para grandes e pequenos, os xogos populares, espectáculos infantís, teatro, a tradicional queimada do Rei Panoramix, e o espectáculo «Lume» de Troula, completarán a programación deste ano, que terá máis sorpresas...
Esperamos que o Emperador volva recuperar o mando antes de que acaben as festas!
Toda a programación de Porrigalia está dispoñible na web do Concello do Porriño