Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Unha peza teatral sobre a nenez de Rosalía chega a tres concellos das comarcas

La Voz LALÍN / LA VOZ

O ROSAL

19 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra vai levar a dez concellos da provincia unha peza teatral que revive a nenez de Rosalía de Castro. Rosalía. O lugar onde medran as poetas, unha peza dirixida por Fina Calleja e producida por Culturactiva, representarase este domingo en Cerdedo-Cotobade, ás 19.00 horas na Praza da Biblioteca do Concello. Proximamente tamén se poderá ver en Lalín (20 de novembro) e A Estrada (29 de decembro). Outros concellos que acollerán esta peza serán Ponteareas, Redondela, Moaña, O Rosal, O Grove, Valga e A Cañiza.

A deputada María Ortega engade que o obxectivo é que Rosalía de Castro, á que considera «bandeira de Galiza», e a lingua galega non sexan só homenaxeadas cada 24 de febreiro, senón tamén o resto do ano. Dende a compañía explican que esta obra de teatro quere contar aos nenos e nenas o lugar onde medran as poetas: «entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor». Forman o reparto desta obra as actrices Cristina Collazo e Rocío González.