Concerto homenaxe en Marín ás vítimas da dana

REDONDELA

Eduardo Manzana | EUROPAPRESS

10 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Priorato de Apolo organiza este domingo un concerto homenaxe ás vítimas casadas pola Dana. Deste xeito, a Unidade de Música da Escola Naval Militar, a Banda de Música de Marín e a Banda Municipal de Redondela sairán simultaneamente ás 12.30 das Escola Naval, da Praza 8 de Marzo e dende a entrada da casa consistorial de Marín, respectivamente, para confluír, en torno ás 13 horas, na contorna do palco de música da Alameda, onde ofrecerán un concerto.

Ademais, habilitouse un número de conta e colocaranse urnas na propia Alameda para realizar unha recollida de donacións.

Por outro lado, e sen saír de Marín, a Comisión de Festas Landra Verde organiza, a iso das 16 horas, un magosto en Carballido (Ardán).