Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Soutomaior recoñece ao alcalde que impulsou o primeiro Plan de Normalización Lingüística

La Voz SOUTOMAIOR / LA VOZ

SOUTOMAIOR

cedida

Unha placa lembrará para sempre a Fernando Pereira

27 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O 25 de abril tamén foi unha xornada inesquecible en Arcade. Soutomaior rendeu homenaxe a Fernando Pereira, primeiro alcalde democrático do municipio, co descubrimento da nova placa da «Rúa da Coutada- Alcalde Fernando Pereira» e cun emotivo acto posterior no multiusos. Veciñanza, familiares e amigos acompañaron a celebración, xunto a figuras políticas como Gelo García, alcalde de Oleiros, e Luciano Sobral, rexedor de Poio. O alcalde actual, Manu Lourenzo, lembrou a influencia de Pereira na súa vida: «Fixo que, con 16 anos, comezase a miña traxectoria política con amor e paixón». O multiusos acolleu o relatorio «Un pobo, un alcalde», moderado por Pepe Carreiro e con intervencións de Ánxela Sobral, Anxo Angueira e Anxo Quintana. Sobral definiu a Pereira como «un home bo e xeneroso que o daba todo a cambio de nada». Angueira destacou a súa implicación coa cultura galega, mentres que Quintana lembrou a súa visión urbanística: «Un goberno ten que gobernar coa súa veciñanza, sempre estando ao lado do pobo».