Así era viaxar en tranvía, trolebús e autobús coa Compañía de Tranvías na Coruña

XA CHOVEU

Autobuses da Compañía de Tranvías da Coruña no ano 1977
Autobuses da Compañía de Tranvías da Coruña no ano 1977 CEDIDA

Desde os primeiros tranvías na primeira metade do século XX ata a aparición dos autobuses nos 60 e os trolebuses que circularon entre os 40 e os 70, algunhas experiencias non mudaron moito malia o paso do tempo. Forma parte da memoria colectiva de Galicia. Envía as túas fotos aquí

20 jun 2024 . Actualizado a las 15:39 h.

En 123 anos de historia da Compañía de Tranvías, os coruñeses e coruñesas fixeron uso do transporte público con diferenzas, pero tamén moitas similitudes. O paso dos primeiros tranvías tirados por mulas ao eléctrico e despois a aparición dos trolebuses de unha e dúas plantas e os autobuses foi paralela á evolución dunha cidade que medraría en habitantes e tamén en alcance e modernidade do seu transporte urbano. 

Xa non hai trolebuses, nin cobradores, nin tornos na entrada dos autobuses, pero os barrios e a área metropolitana da cidade seguen conectándose a través do transporte urbano como o facían hai un século. 

Vista dos Cantones da Coruña con coches antigos aparcados e o tranvía circulando
Vista dos Cantones da Coruña con coches antigos aparcados e o tranvía circulando

As viaxes coa Compañía de Tranvías, hai cen anos

Hai pouco máis de cen anos, en 1922, os sistemas de transporte público non eran algo habitual. Na Coruña, nesta época, inaugurouse a liña que unía a cidade coa veciña Sada, nun avance que situaba a estas localidades na vangarda destes tempos. O actual director da Compañía de Tranvías, Ignacio Prada, explica que «hacía el viaje en solo una hora y media, que no era nada en la época. Fue un avance espectacular, con un tranvía muy avanzado a su tiempo». Ademais, había de dous tipos, un máis común, pechado, pero tamén outro ao que chamaban de «jardinera», sen cuberta, o que permitía viaxar nunha «especie de terracita», engade. Eran as vantaxes da baixa velocidade da época.

Información do tranvía da Coruña a Sada, inaugurado o 1 de xaneiro de 1923
Información do tranvía da Coruña a Sada, inaugurado o 1 de xaneiro de 1923 Compañía de Tranvías

O día da inauguración, La Voz dedicáballe unha páxina completa ao acontecemento, que bautizou o «abrazo de dos pueblos». Entre as súas liñas recóllese o interese de ambas localidades por estar unidas, definido como «un ansia nobilísima, albergada durante muchos años por dos pueblos que entienden deben marchar unidos hacia la mayor prosperidad».

Tamén inclúe unha breve crónica sobre a experiencia neste novo medio de transporte que «desde la altura, abarca la mirada absorta una perspectiva maravillosa, netamente galiciana», ademais de ilustracións do tranvía, o percorrido, algúns dos puntos clave e negocios aos que chegaba e tamén dun dos alcaldes da época.

Páxina do xornal do día da inauguración do tranvía eléctrico que unía A Coruña e Sada, o 31 de decembro de 1922
Páxina do xornal do día da inauguración do tranvía eléctrico que unía A Coruña e Sada, o 31 de decembro de 1922 La Voz de Galicia

Na nosa hemeroteca podes ver a páxina completa que publicou en 1922 La Voz de Galicia.

«Yo siempre digo que la decisión de crear la primera línea hacia Sada marcó el crecimiento de la área metropolitana y la forma de crecer de la ciudad. Toda la población que se vio afectada por aquella línea de tranvía creció mucho más que otras que no tenían línea metropolitana. Donde ponías el tranvía hacías crecer la ciudad», resume Prada.

Outro exemplo da incidencia da Compañía de Tranvías na área metropolitana está no icónico Paraguas de Cambre. Esta escultura, construida entre os anos 1945 e 1949, funcionaba como marquesina para agardar o tranvía e, á vez, protexerse da chuvia.

O trolebús que lle tiña medo ás costas

Entre o tranvía eléctrico e os autobuses, o protagonista do transporte público coruñés era o trolebús. Estes vehículos, que tamén funcionaban grazas á catenaria eléctrica pero tiñan maior mobilidade polas súas rodas de goma, formaron parte das estampas da Coruña entre 1948 e 1979. Con todo, o trolebús deixouse ver nas rúas un par de anos antes, en 1946. 

Así o contaba La Voz de Galicia o 6 de xuño: «Ayer llegó a La Coruña el primer coche trolebús para las lineas que tiene en proyecto la Compañía de Tranvías. La gente pudo contemplarlo, durante la mayor parte del día, en la estación del ferrocarril. Y al caer la tarde, circulando por las calles, remolcado, hasta la cochera del Orzán. Un estupendo coche; sinceramente debe decirse. Amplio, cómodo. Como no hemos visto en algunas ciudades de las que ya disfrutan este servicio hace tiempo. Así, nueveclto, la gente gozaba viéndolo y haciéndose ilusiones de lo felices que podremos sentimos los coruñeses cuando la ciudad se vea cruzada en todas las direcciones, por estos coches».

Estes vehículos eran de madeira e metal e para acceder a eles entrábase pola parte de atrás, onde agardaba o cobrador. As primeiras rutas cubrían únicamente a liña entre praza de Pontevedra e Monelos, e evitaban as costas, o que xeraba frustración e tamén retranca entre os coruñeses. 

Tira cómica sobre o trolebús da Coruña publicada en La Voz de Galicia o 4 de setembro de 1948
Tira cómica sobre o trolebús da Coruña publicada en La Voz de Galicia o 4 de setembro de 1948 Muriz

Nos anos 70 os problemas coas costas persistían. O trolebús xa pasaba por zonas como a Costa da Unión camiño Santa Margarida pero, se o vehículo transportaba a moita xente, tocaba baixar porque non era capaz de subir a pendente. Os de dobre piso quedaban reservados para as rúas planas da Coruña.

Vaia onde vaia... Vaia en autobús

Hai cincuenta anos, a experiencia no transporte público incluía xa os autobuses, que eran unha estampa habitual en todas as rúas, incluso nas máis estreitas: «No existía la ronda de Nelle o la de Outeiro y los autobuses pasaban incluso por la calle Barcelona. Contaba con muchas paradas intermedias, por lo que llegaba más tarde a su destino».

Desde os 60, os autobuses tamén foron mudando. Atrás quedaron aqueles buses de 10 metros que tiñan un torno na súa entrada e que había que pasar tras pagar o tícket, en moitas ocasións co vehículo xa en movemento. Tampouco están xa os buses Pegaso, que eran manuales e «tenían una palanca de cambios, que aquello era como manejar una excavadora. Era increíble ver a los conductores manejar esos armatostes», recorda Ignacio Prada. Co aumento do tamaño dos vehículos ata os 18 metros, unha das habilidades desenvoltas polos conductores foi a de pasalos por rúas moi estreitas, como o acceso á rúa Sol desde San Andrés.

Autobús marca Pegaso circulando polo primeiro carril bus, na rúa San Andrés da Coruña, o día da inauguración, o 17 de setembro de 1989. Fotografía cedida pola Compañía de Tranvías
Autobús marca Pegaso circulando polo primeiro carril bus, na rúa San Andrés da Coruña, o día da inauguración, o 17 de setembro de 1989. Fotografía cedida pola Compañía de Tranvías

Coa creación da liña da universidade, esta bautizouse como «especial Zapateira», por iso a E que se lía no seu rótulo. Con ela chegaron máis tranformacións como os primeiros autobuses articulados e a creación do bonobús. Desde entón, os buses foron gañando en asentos e accesibilidade e xa non é necesario subir e baixar unhas escaleiras para acceder a eles.

Estudantes da Universidade da Coruña facendo cola para coller o bus urbano na parada da rotonda de Socioloxía en novembro de 2002
Estudantes da Universidade da Coruña facendo cola para coller o bus urbano na parada da rotonda de Socioloxía en novembro de 2002 Xosé Castro

Das moedas ao móbil, pero case sempre con tarxeta

Ademais dos conductores, nas primeiras etapas da Compañía de Tranvías, esta contaba cos cobradores, encargados da venda dos billetes. Esta figura desapareceu nos anos 70, cando decaeu o uso do transporte público en favor do coche particular. 

Máis adiante, a Compañía implantou os bonobuses, «unas cartillas en las que ibas quitando el bono que usabas» en canto o pedía o revisor e que resultaban máis económicas que pagar os billetes por separado. Este modelo aguantou ata os anos 90, cando na Coruña se empezou a utilizar a tarxeta moedeiro, unha das primeiras de España. «La creamos en colaboración con Caixa Galicia y la idea era poder recargarlas en el cajero y no tener que ir comprando los bonos. Esto ayudó además a que tuviéramos un control más informatizado del servicio. Fue una de las mayores transformaciones», sinala Prada.

Tarxeta electrónica de 1996 para o pago nos autobuses da Compañía de Tranvías na Coruña
Tarxeta electrónica de 1996 para o pago nos autobuses da Compañía de Tranvías na Coruña XOSÉ CASTRO

Esta tecnoloxía tamén facilitou o actual pago que é posible con móbil, xa que en ambos casos utilízanse os NFC: «Sin embargo, la gente está aún muy acostumbrada a la tarjeta. La mayor parte de la gente paga así y el móvil está tardando en entrar, pero lo hará más temprano que tarde». 

Uniformes de antes e de agora

Un dos aspectos que aínda se mantén a día de hoxe é a uniformidade nos conductores da Compañía de Tranvías. Nos seus inicios, o uniforme tiña inspiración militar, con gorras de prato e chaquetas que recordaban ás dos corpos militares: «Era una forma de representar su autoridad en esa época. En los talleres había mucho de rangos militares. Después del jefe estaba el segundo, al que se llamaba contramaestre, que es un rango de la marina mercante».

Fai clic aquí para ver máis imaxes históricas do transporte en Galicia no noso portal xachoveu.lavozdegalicia.es.

As túas fotos, en Xa choveu

Tes algunha fotografía cos tranvías, trolebuses ou autobuses da túa cidade? En Xa choveu queremos coñecer as túas historias. Consulta no portal de Xa choveu máis imaxes da Coruña e doutras localidades e colabora nesta memoria colectiva enviando as túas a través deste formulario.

Xunto cos vehículos, os uniformes tamén foron modernizándose e, máis adiante, pasouse dun traxe con gravata ata chegar ao actual, en tons azuis e con chaleco ou xersei de punto. «Es un poco más informal, pero más cercano al cliente».

O director da Compañía de Tranvías, Ignacio Prada, compartiu esta e outras anécdotas desta empresa centenaria no encontro Líderes que dejan huella, organizado pola Asociación para el Progreso de la Dirección (APD).