A maquinaría do Día das Letras xa está en marcha de novo sen repasar un modelo con 44 anos de existencia. A ver se para o ano conseguimos o cambio. Cando era cativo xa había máis 850 que 600 polas rúas. Pero en moitos deles o que chamaba a atención non era esa traseira chata, senón as pegatinas do cristal de atrás que puñan «Por min que chova» ou unha que aseguraba: «Ser galego é unha carreira, e de Ourense, catedrático». Tamén había unha moi estendida que pedía, suxería ou rogaba: «Fala galego». Foi unha de tantas obras de Xosé María Álvarez Blázquez, e do seu irmán Álvaro, para solucionar o verdadeiro problema da cultura do país, encontrar públicos. O problema segue, a ver se aprendemos. Postos a falar desa marca de automóbil, teriamos que aceptar que hai algo de verdade no que di esa voz que arrastra con inxenuidade os erres. Cando compras un coche compras o seguro, os impostos, o combustible, as reparacións, os lavados e outro senfín de cousas. O que chama a atención é a voz que explica por que é un o regalado. Voz que o anuncio deixa anónima, pero que, como o texto, é de Cortázar. Que non o digan é só outra demostración de que somos nós os comprados pola industria da automoción. Un dos problemas da existencia de departamentos de cultura é que todo acaba adquirindo unha dimensión inmediata. Na presentación do plan para as artes escénicas as primeiras intervencións preguntan polo carácter orzamentario da proposta. Cultura si, pero a primeira pregunta económica: convén non desviarse. Problemas do modelo francés. Se queres comentar,