Silencios

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

JUNTA

Ningunha empresa contrata persoas para facer chamadas todo o día sen obter un novo contrato de algo

09 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Acalquera de vostedes soaralle o feito de que lle chamen por teléfono dun número descoñecido de Zamora, Madrid ou León e que, ao collelo, ninguén fale. Se non ten o teléfono á man e chama para devolver a chamada perdida, unha máquina dille que ese teléfono non existe.

É moi probable que vostede reciba catro ou cinco chamadas de números similares do mesmo lugar e nas mesmas condicións, unha vez bloqueado ese número para evitar máis perdas de tempo.

Sabemos que detrás deses números está xente, seguramente moza e con licenciaturas, á que alguén lle paga polo número de chamadas realizadas, por obxectivos claros, para que quede rexistrado. Seguramente incautos contratados por salarios indignos obrigados a facer un montón de chamadas e estar calados. Agora, algún interventor decatouse do asunto e están cambiando a outro formato: chaman, dinlle calquera parvada, deixando pasar dez segundos, e colgan sen resposta. Como autómatas, porque así quédalles gravado que mantiveron unha conversa, aínda que sexa un monólogo de tolos.

Ben sabemos que ningunha empresa contrata persoas para facer chamadas todo o día sen obter un novo contrato de algo que poidan ofrecer, como fan as pesadas das eléctricas, que sempre teñen unha mellor oferta para o noso servizo. Podemos saber, logo, que esas empresas desenvolven o seu modelo de negocio cobrando subvencións públicas, das que pagamos nós. Para nada, para gañar cartos tocándonos as narices. Non ía o goberno prohibir estas prácticas, nos tempos do ministro Garzón? Xa non é ministro, e todo segue igual, é o peor do capitalismo salvaxe.