Óscar, un francés de nacemento e ceense de adopción
Cee
CRÓNICAS DO PASADO | A historia do home clástico exposto no museo Fernando Blanco
27 Jun 2021. Actualizado a las 05:00 h.
No ano 1809, durante a Guerra da Independencia, os franceses «visitaron» Cee de forma pouco amigable. Oitenta e cinco anos máis tarde desa cruenta data, no ano 1894, e cun obxectivo ben distinto ao dos seus compatriotas do exército napoleónico, chegou á nosa vila outro «francés». Estou a referirme ao espectacular modelo anatómico, coñecido como home clástico, realizado en papel maché coloreado por Louis Thomas Jèrôme Auzoux, e que se mercou en París con destino ás clases de Organografía e Fisioloxía Humanas do Instituto Fernando Blanco de Cee. Louis Thomas Jèrôme Auzoux, doutor en medicina, nacido en Saint-Aubin-d´Ecrosville en 1797, presentou no 1822, ano no que defendeu a súa tese doutoral, o seu primeiro modelo anatómico. A súa técnica, destreza e precisión, inigualables naquel tempo, fixeron que axiña se popularizase a súa produción, que era demandada por todos os centros de ensino do mundo. En España, a importancia que estes modelos tiñan para o ensino da anatomía empezou a notarse axiña, e así, en 1827, no xornal Décadas de Medicina y Cirurgía prácticas, Manuel Hurtado de Mendoza, médico e gran divulgador científico, sinalaba que a pesares de que moitos anatomistas preocupáranse por facer preparacións anatómicas levados polo desexo de evitar aos seus discípulos a repugnancia das primeiras diseccións, fora Auzoux o que unicamente «llegara hasta el grado sumo de la perfección en este género, consiguiendo unas piezas anatómicas que eran una verdadera obra maestra, puesto que no había en ellas un solo músculo, arteria o vena que no estén tan perceptibles como en un cadáver». Á súa morte, en 1880, o doutor Auzoux deixou una colección excepcional de pezas de anatomía clástica, humana e animal, internacionalmente recoñecida.
Así aparece recollida a súa adquisición do home clástico na Memoria do Instituto Fernando Blanco do Curso de 1894-1895: «En el Real Decreto de 16 de septiembre de 1894, suscrito por el entonces Ministro de Fomento, Excmo. Sr. D. Alejandro Groizard, se decía respecto a la asignatura denominada Nociones de Organografía y Fisiología Humanas, que su contenido debe consistir en el conocimiento descriptivo del cuerpo humano, con referencias al estudio de la morfología general biológica, conocimiento que se procurará sea todo lo experimental y práctico posible, haciéndose uso constante del hombre clástico y de piezas anatómicas claras y sencillas. Como en el Gabinete de Historia natural de este Colegio no existía aún el hombre clástico, los Excmos. Sres. Albaceas de D. Fernando Blanco se apresuraron á adquirir uno en París, del Doctor Auzoux, de 1,16 metros de altura, compuesto por 2.000 piezas, á fin de que pudiera darse la enseñanza de Organografía y Fisiología Humanas con el carácter práctico que se les señalaba en el Real Decreto citado. Para la colocación de este hombre clástico se construyó en los talleres de carpintería una elegante vitrina, haciendo á la vez otra igual para el esqueleto».
O home clástico exposto no primeiro andar do Museo Fernando Blanco, a carón dos aparellos e exemplares dos gabinetes de física, química e historia natural do centenario instituto ceense, aínda hoxe destaca polo seu abraiante realismo, e é o protagonista de algún que outro susto, sobre todo entre os visitantes de mais curta idade. É, posiblemente, de entre todas as pezas da colección, a que mais chama a atención. E como peza «estrela» que é, non podía menos que estar «bautizada». Óscar foi o nome que lle puxo hai anos unha profesora de Bioloxía do Instituto Fernando Blanco, e así lle seguimos a chamar: Óscar, o francés de Cee. Tamén hai quen o lembra con calzóns para tapar as súas partes púdicas... Eran outros tempos.