Polafía en Cee para lembrar o pasado baleeiro de Caneliñas
Cee
Será o sábado 26 de novembro, cando tamén se inaugurará a exposición «Encontro a tres»
20 Nov 2022. Actualizado a las 05:00 h.
Sábado 26 de novembro • 18.00 • A Casa da Cultura de Cee acollerá o 26 de novembro unha xornada de lembranza do pasado baleeiro de Caneliñas: «Atrás da balea», polafía organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) en colaboración co Concello ceense. Nela rexistraranse en vídeo testemuños orais de veciños e veciñas do municipio que tiveron unha estreita relación co mundo da balea. As polafías, lembran dende o consistorio, son un proxecto da AELG co fin de recuperar e poñer en valor a literatura galega de tradición oral. Francisco Xosé Fernández Naval e Xosé Iglesias acompañarán a persoas que traballaron en Caneliñas: Manuel Caamaño, Manuel Trillo, Victorio Caamaño, Jesús Manuel Blanco...
«Encontro a tres», nova exposición
Sábado 26 • 20.00 • Rematada a polafía, a Casa da Cultura ceense acollerá a inauguración da mostra «Encontro a tres», pintura de Isabel Soutullo, Josecho González e Maribel Castiñeira (XMÑ). Visitas ata o 15 de decembro.