O acoso escolar, na nova novela de Guadalupe Vázquez Formoso
Cee
A escritora e docente ceense vén de lanzar, baixo o selo de Belagua, a obra «Alicia no labirinto das sombras»
15 Nov 2024. Actualizado a las 17:40 h.
Alicia no labirinto das sombras. É ese o título da nova obra que vén de publicar a escritora e docente ceense Guadalupe Vázquez Formoso. Unha novela xuvenil, neste caso, que sae á rúa coa editorial Belagua e cuxos primeiros exemplares chegaron a mans da autora o mércores. Xa están ademais en fase de distribución e as librarías interesadas poden pedilos ao Consorcio Editorial Galego. Como as súas obras previas, Alicia no labirinto das sombras tamén está ambientada na Costa da Morte, da que a escritora se confesa namorada dende ben pequena, é é «un intento de dar visibilidade a un tema delicado, o do acoso escolar».
Así o explica Vázquez Formoso, quen tamén menciona o seu ánimo de sensibilizar a rapaces e maiores de que o bullying é un programa «de todos». «O libro non pretende dar solucións máxicas nin respostas fáciles, senón abrir un espazo de reflexión, diálogo e empatía», engada. Tivo o asesoramento da psicóloga Guadalupe López Canosa, autora ademais do prólogo. Coa mirada posta nas Alicias, rapaces e rapazas vítimas de acoso escolar, é unha obra non só para adolescentes: de novo, para «todos».