Un festival de talento comarcal en Cee
Cee
El Festival de Nadal de la Escola de Música de Cee, ¡en imágenes!
Alumnado da Escola de Música Municipal ofreceu ata 25 pezas na Casa da Cultura
18 Dec 2024. Actualizado a las 05:00 h.
Dende actuacións instrumentais «a solo» ata dúos, grupos e peche coa banda infantil, polo escenario da Casa da Cultura de Cee pasaron onte unhas 25 intervencións correspondentes ao Festival de Nadal da Escola de Música de Cee. Fernando Fraga, o seu director, explicaba horas antes en Radio Voz que para nada supón esta cita unha avaliación, senón a oportunidade de que, polo menos unha vez ao longo do curso, cada estudante suba ao escenario, xa sexa en formato solista ou acompañando outros instrumentos/voces.
Explicou tamén que iso do medo escénico é a miúdo máis cousa de adultos ca de pequenos, pois pola súa experiencia sabe que con 8/9/10 anos saen a amosar o que saben con total naturalidade: «Somos os adultos os que lle dámos máis voltas». Arredor duns 70 pequenos tomaron parte na cita de onte, agrupada por niveis —comezaron os máis pequeniños— e intercalando instrumentos, para rematar, tamén por cuestión de organización, coas agrupacións. É ben frecuente que entre familias e amigos o auditorio rexistre boa entrada, pois é un xeito de ver a nenos noutro contexto: «Están afeitos a velos tocando nas casas, pero nunha actuación hai un cambio, a situación é distinta». O repertorio foi obra colectiva do profesorado, mais sendo o tempo que é, tocou moito Nadal.
Baile, panxoliñas e musical que veñen
A Escola de Música de Cee é xa un referente comarcal. De toda ela lle chegan alumnos, dixo Fraga. Cee será nos vindeiros días tamén vila destino, coa gala de Arte e Movemento deste venres, as panxoliñas de Nadal do sábado ou o musical El mundo de los muñecos do domingo. Para isto último, entradas na biblioteca.