O libro «Balóns a Corveiro» chegará o venres 17 de xaneiro a Cee
Cee
A presentación será na Casa da Cultura, ás 20.00 horas, con acceso libre
11 Jan 2025. Actualizado a las 05:00 h.
A primeira presentación do libro Balóns a Corveiro: historia e contrahistoria do fútbol fisterrán foi na terra natal do seu autor, Gabriel Riveiro, Bebeto, que non é outra que Fisterra. No obstante, a obra comezará a xirar e xa ten unha cita ben próxima na veciña localidade de Cee. Será o vindeiro venres, 17 de xaneiro, na Casa da Cultura, ás 20.00 horas: «Alí repasaremos a historia común, a rivalidade e as infinitas anécdotas entre dous dos clubs máis importantes do fútbol da Costa: a SD Fisterra e a UC Cee», publicou Riveiro nas súas redes, acompañando a mensaxe dunha histórica fotografía dun partido de ida disputado no 1964.